8 feb 2012

Antoni Tàpies i Puig (Barcelona 13 decembro 1923-6 febreiro 2012)

Tàpies naceu en Barcelona no ano 1923 e morreu o pasado 6 de febreiro deste recén estreado 2012.
Nos deixa un gran pintor, escultor e un indiscutible teórico do arte español. Considerado como un dos máis destacados artistas do século XX, é asímesmo un dos principais expoñentes a nivel mundial do informalismo.
O informalismo é un movemento pictórico que abarca tendencias abstractas e xestuais que se desenvolveron en Francia e no resto de Europa despois da IIª Guerra Mundial en paralelo co Expresionismo Abstracto estadounidense.
Antoni Tàpies era de formación autodidacta, creou un estilo propio dentro da arte de vangarda do século XX combinando tradición e innovación dentro dun estilo abstracto pero simbólico dando relevancia ao sustrato material da obra. Tiña especial interés pola materia, a terra, o po, os átomos e as partículas e gustaba de utilizar materiais alleos á expresión plástica academicista, nos referimos ás pinturas matéricas, incluíndo nelas todo o sentido espiritual da súa obra.
 

cruz e terra



O primeiro pintor español informalista foi Antoni Tàpies. Xunto cos pintores Tharrats (1918), Cuixart (1925) e Ponç (1927-1984) e os escritores e críticos Cirlot, Brossa e Puig formou parte do grupo barcelonés Dau al set, creado en 1948 e que se disolveu entre 1952 e 1955. A pintura deste grupo desenvolveuse basicamente dentro dos parámetros do surrealismo.
A partir de 1952, Tàpies elimina todo elemento figurativo e introdúcese no informalismo. Investigou sobre a materia pictórica como modo de expresión e converteuse no principal representante do informalismo matérico. Concibe a superficie non como fondo sobre o que representa, senón como espacio no que actua utilizando a técnica do grattage, raspando, furando...outorgando relevo as súas obras, mezclando po de mármore triturado con óleo. Utiliza tamén nas súas obras obxectos pouco corrientes como cordas, arroz, entullos...As cores que utiliza están próximas á terra -castaños, beixes, ocres-, tonalidade de grises e branco sucio.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...